Quen somos

Rinoceronte Servizos Editoriais é unha empresa dedicada á prestación de servizos á edición, fundamentalmente todos aqueles que xiran ao redor da lingua galega.

Rinoceronte SE nútrese da experiencia na edición comercial de ficción iniciada por Rinoceronte Editora e especialízase nos ámbitos cultural e didáctico-pedagóxico.

O persoal de Rinoceronte SE está formado en Filoloxías e en Tradución, e goza dun dominio amplo da normativa vixente da lingua galega.

A empresa conta con todos os medios técnicos precisos para desempeñar o noso labor da forma máis adecuada (sistemas Mac, Linux e Windows, ferramentas informáticas de edición e tradución, bibliografía de referencia) e dispón dun espazo agradable e luminoso no que facelo a gusto.

Damos forma a todo tipo de contidos

Servizos

Tradución

· Linguas de traballo principais: galego, castelán, inglés, francés, italiano. Tamén: portugués, checo, ruso, alemán.

· Coñecemento de Trados e outras ferramentas tradutolóxicas.

· Materiais didácticos e pedagóxicos.

· Subtitulos de películas e outros materiais audiovisuais.

· Contidos web e multimedia.

Revisión e corrección estilística, normativa e ortotipográfica

· Revisión de orixinais e traducións.

· Revisión de probas en papel e corrección en soporte informático [Quark, Indesign, Illustrator, Freehand].

· Adecuación á normativa oficial vixente da lingua galega.

· Comprobación de referencias.

Produción editorial

· Edición de libros, catálogos e revistas.

· Impresión offset.

· Impresión dixital a demanda.

Xestión de contidos

· Documentación para monográficos e exposicións.

· Xeración de materiais didácticos e pedagóxicos.

· Creación literaria e xornalística.

· Ilustracións [libros de texto, revistas, etc.].

Clientes

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid

Complexo Hospitalario de Santiago

Concello da Coruña

Ediciones SM

Edicións Xerais

Editorial Galaxia

Fundación Luis Seoane

Imaxe Nova de Comunicación

Seprotec

Universidade de Santiago

Universidade de Vigo

Xerme Edicións

Xunta de Galicia

Contacto

Rinoceronte Servizos Editoriais